COMUNICACIóN RELATIVA á POSIBLE REGULACIóN DE NOVOS XOGOS
?
A Lei 13/2011, de regulación do xogo, sentou as bases da normativa dos xogos accesibles por medios electrónicos, informáticos, telemáticos e interactivos. A lei considera a posibilidade de regulación de novos xogos cuxo obxectivo básico non é outro que completar a normativa dende a perspectiva do seu sentido último, é dicir, a protección da orde pública, loitar contra a fraude, previr as condutas aditivas, protexer os dereitos dos menores e salvagardar os dereitos dos participantes nos xogos.
?
A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo decidiu iniciar un proceso de análise da posibilidade de regulación de novos xogos ata o momento non incluídos na nosa normativa. Como é sabido, o obxectivo final da regulación do xogo no noso país é protexer os usuarios e participantes nos xogos así como á sociedade no seu conxunto dos potenciais efectos adversos desta actividade.
?
Neste sentido, a análise da regulación dun novo xogo debe ter en conta os seguintes criterios básicos:
?
En concreto, a DXOX estase a formular a posibilidade de regular dous novos xogos: as apostas cruzadas e as máquinas recreativas de premio (slots). Para iso, a Dirección Xeral abre un proceso de consultas cuxo obxectivo último é solicitar información e datos empíricos con vistas a tomar unha decisión final sobre se se deben regular ou non estes xogos. Para ambos os dous tipos de xogo, a Dirección Xeral está en disposición de recibir achegas no que respecta aos seguintes asuntos:
?
En todos os casos, as achegas enviadas a esta Dirección Xeral deben ser soportadas mediante evidencias empíricas dos argumentos expostos, non considerándose a mera toma de posición ou os xuízos de valor apriorísticos respecto da materia tratada.
?
A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo invita a participar neste proceso de información á industria de xogo, ás asociacións de usuarios do xogo, así como ás de afectados pola adicción ao xogo, a centros de investigación sobre o xogo e a entidades públicas relacionadas co sector, e a todos aqueles que desexen contribuír a un debate aberto e transparente.
?
O prazo para recibir as achegas é de 21 días a contar dende o momento da publicación desta comunicación na páxina web da Dirección Xeral. Posteriormente, procederase á análise dos seus resultados por espazo de 45 días, transcorrido o devandito prazo, esta Dirección Xeral comunicará se se leva a cabo a Regulación dos referidos xogos ou se, pola contra, se esta se descarta polo momento.
Poden enviar as súas achegas ao seguinte enderezo de correo electrónico [email protected]
?
Madrid 13 de febreiro de 2013
Se quere buscar algunha noticia en concreto, utilice o Buscador de Noticias